O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ARRANXADA A AVARÍA NA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA QUE AFECTOU Á ZONA DE LUCÍ, A RAMALLOSA E OZA

| compartir:

O servizo municipal Augas de Teo comunica ao redor das 19:00 horas que quedou reparada a avaría grave que lle afectaba á rede de abastecemento nas zonas de Lucí, A Ramallosa, Catro Camiños e Oza. O problema viña derivado por unha avaría na redutora de presión situada nas Pozas. Neste momento o servizo de auga está restablecido. 

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, responsable do servizo quere agradecer a comprensión e paciencia dos/as usuarios/as afectados e aos traballadores do servizo municipal os esforzos para solventar a avaría con rapidez a pesar das difíciles condicións meteorolóxicas. 

Dende o servizo tamén indican que a pesar de estar arranxado o problema as tubaxes teñen aínda moito aire e neste momento están a purgalas. Ademais continúan a traballar para repara roturas que se produciron antes do corte do servizo polo exceso de presión. 

teo