O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

APARECEN SEIS COCHES QUEIMADOS ESTA PASADA MADRUGADA NA URBANIZACIÓN DOS TILOS

| compartir:

Esta pasada noite queimaron seis coches nas rúas da urbanización dos Tilos. Segundo os datos que achegan as forzas de seguridade os sucesos déronse en tres puntos distintos; na rúa Salgueiro, na Loureiro e no calexón traseiro do centro comercial. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, explica que se trata de actos "aos que non lle atopo sentido e tomaremos as medidas que estean nas nosas mans".

O rexedor destaca que actos "coma estes non teñen ningún sentido" e aproveita tamén para amosar a súa sorprera "porque neste caso o 112 non avisou ao alcalde, mentras noutros casos de menor importancia chama aínda que sexa de madrugada".

 

Dende o Concello estase en contacto coa Garda Civil, encargada da investigación, e verase que actuacións se poden realizar para evitar que sucesos coma estes se repitan. Nos próximos días estudarase a convocatoria da Xunta Local de Seguridade na que participa o Concello e a Delegación do Goberno ademais da policía local e a garda civil.  

teo