O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE TEO, BUSCA UN/HA TÉCNICO DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL PARA TEO

| compartir:

A organización Acción contra el Hambre, en colaboración co Concello de Teo, busca un/ha técnico/a de inclusión sociolaboral para Teo. O posto cos seus obxectivos e requisitos pódese consultar premendo aquí . O proceso de selección e a relación laboral establecerase con Acción contra el Hambre polo que as persoas interesadas teñen que cubrir o formulario on-line na seguinte dirección: https://employ.acf-e.org/

O Concello de Teo vai pór en marcha o programa Vives Emplea impulsado pola organización Acción contra el Hambre. Trátase dun programa de inclusión social destinada a promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o emprego de persoas en risco de exclusión, poñendo en valor o seu talento e a súa iniciativa para mellorar a súa situación persoal e a do seu entorno. 

 

Para levar a cabo o programa en Teo durante o 2016 é preciso incorporar un técnico/a de inclusión social. Para o perfil do/a candidatos pídense algunha das seguintes titulacións: Psicoloxía, Ciencias do Traballo, Relacións Laborais, Económicas, ADE, Traballo Social, Socioloxía ou similares. Valorarase formación en Coaching, preferentemente coaching de equipos, persoal e emocional. Postgrado en Recursos Humanos, Emprendemento, Xestión de Equipos, Marketing e ventas, Comunicación Intelixencia emocional; experiencia de máis de 2 anos xestionando, formando e/ou dinamizando equipos entre outros requisitos. 

teo