O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ABRE O PRAZO PARA AS SOLICITUDES DE NOVO INGRESO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

| compartir:

As escolas infantís municipais continúan co proceso de admisión

de solicitudes para o próximo curso 2017/18. Despois de tramitar as solicitudes de renovación, o alumnado que xa asiste aos centros, durante a primeira quincena na segunda é a quenda das solicitudes de novo ingreso. As solicitudes para asistir por primeira vez a algún dos tres centros públicos de Teo, en Calo, Os Tilos e A Ramallosa, deben tramitarse entre o 16 e o 31 de marzo.

Nesta convocatoria pódese pedir praza para nenos/as non nados/as cando a data prevista de parto sexa anterior ao 1 de xuño. As solicitudes de novo ingreso pódense recoller nas oficinas municipais, nos servizos sociais ou descargar directamente premendo aquí e deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo ofcial, que remata o 31 de marzo. 

A solicitude debe ir acompañada da documentación identificativa e da declaración da renda. Tamén debe achegarse outra documentación xustificativa doutras situacións puntuables no baremo de acceso como a condición de familia numerosa. a discapacidade dalgún membro ou a monoparentalidade. 

As listaxes provisionais de admitidos/as publicaranse sobre o 25 de abril e abrirase un prazo de subsanación. As listaxes definitivas publicaranse ó redor do 12 de maio. O período de matrícula será do 1 ao 15 de xuño.

teo