O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ABRE O PRAZO PARA REALIZAR FORMACIÓN EN CREACIÓN DE VÍDEOS E SUBILOS Á REDE NA PLATAFORMA YOUTUBE

| compartir:

O proxecto Youtubeir@s nace coa vontade de conseguir que haxa máis vídeos en galego na Rede, polo que busca incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios, que poidan ser de interese para outras persoas, a través dunha canle onde miles de millóns de persoas descobren, visualizan e comparten vídeos.

Para lograr este obxectivo xorde Youtubeir@s – Concurso de vídeos na Rede, coa fin de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais, para a súa difusión en Internet.

 

Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de videocreación para compartirmos os saberes todos e aprendermos a comunicar coa linguaxe audiovisual. 

 

Este obradoiro formativo impartirá entre os seus contidos consellos básicos coa cámara dos nosos móbiles, como transmitir os nosos coñecementos (guión), como editar ou subir un vídeo ao YouTube. Así mesmo, as persoas participantes na formación terán o reto de crear un vídeo para calquera das dúas categorías do concurso Youtubeir@s: vídeo-facermos ou vídeo-opinarmos en galego durante o obradoiro.

 

Esta única formación realizarase na Mediateca do Grilo de Cacheiras en dous venres consecutivos no mes de marzo: o 17 entre as 18.00 e as 19.00 horas e o 24 entre as 18.00 e as 20.00 h, habendo entre ambas sesións unha continuidade mediante formación en liña.

 

As inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a politicalinguistica@teo.gal, no mesmo Servizo de Normalización Lingüística municipal o na Mediateca do Grilo, ou chamando ao 981 815 700 e indicando o nome completo e un teléfono ou enderezo electrónico de contacto. As prazas están limitadas a 20 e os e as interesados deben ser maiores de 14 anos e levar á formación os dispositivos móbiles cos que desexen realizar a gravación.

teo