O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Abre a inscrición para a carreira pedestre Batalla de Cacheiras 2017

| compartir:

A carreira será o 22 de abril e as persoas interesadas xa se poden anotar, ata o 19 de abril, nas diferentes categorías desde a páxina web www.emespors.es  

Este ano, como novidade, as carreiras para categorías escolares celebraranse no parque dos Tilos en horario de mañá. Ademais, no mesmo parque, haberá exhibicións de bicitrial, graffiti e futbolín, xunto cun obradoiro de skate para a mocidade. Tamén haberá unha andaina que percorrerá o circuíto da carreira absoluta.

O prazo de solicitudes para participar nesta carreira está aberto ata as 23.59 horas do 19 de abril para todas as categorías e debe realizarse, unicamente, mediante o formulario web que aparece na páxina web da organización, www.emesports.es. Así mesmo, nesta mesma páxina tamén se pode se pode visualizar o regulamento completo desta carreira.

A carreira absoluta terá un percorrido de 9 quilómetros e nela participarán as categorías júnior, promesa, sénior e veterano. A saída desta proba será ás 17.00 horas desde Bamonde e terá a meta no punto xeodésico situado no algo de Montouto.

As categorías escolares centrarán a súa actividade no parque do Tilos, onde se establecen os circuítos que cubrirán os e as atletas segundo o rango de idade.

As carreiras comezarán coas categorías dos máis cativos. Os primeiros en tomar a saída serán os peques (nados no 2012 e posteriores) a partir das 11.00 h e correrán 150 metros. A continuación, ás 11.10 h, os prebenxamíns (nados no 2010 e 2011) cubrirán 300 metros, para seguir os benxamíns ás 11.20 h (nados no 2008 e 2009) que correrán 1.100 metros. Os alevíns correrán ás 11.30 h (nados nos anos 2006 e 2007) tamén con 1.100 metros. E para rematar, as categorías e infantil, cadete e xuvenil, ás 11.45 h, cubrirán un circuíto de 2.200 metros.

A seguinte cita desta xornada deportiva, a partir das 15.30 h, e como novidade desta edición, será unha andaina, que discorrerá polo percorrido entre Bamonde e Montouto no que posteriormente se disputará a carreira a partir das 17.00 h.

As inscricións realízanse unicamente a través da web www.emesports.es e terá un custo de 6 euros para a carreira absoluta e de 3 euros para a andaina, sendo gratuíto para todas as categorías escolares.

A recollida de dorsais e da camiseta conmemorativa estará aberta a partir das 9.30 h a carón da piscina municipal dos Tilos para todas as categorías escolares e no punto xeodésico de Montouto (liña de meta) a partir das 15.00 horas e ata 30 minutos antes da proba para as categorías absolutas.

Os/as atletas adultos/as e participantes na andaina serán trasladados en autobús ata o punto de saída, na parroquia de Bamonde, saíndo ás 15.20 horas os autobuses para a andaina e entre as 15.45 e as 16.30 h os da carreira absoluta.

As entregas de premios están programadas a partir das 12.30 horas nas categorías escolares no parque dos Tilos e das 18.15 h no alto de Montouto para a carreira absoluta.

Haberá servizo de duchas a disposición dos e das atletas nas instalacións da Piscina Municipal dos Tilos para as carreiras escolares e no pavillón dos Tilos para á carreira absoluta.

Nesta edición de 2017, e co obxectivo de consolidar esta cita atlética que nos últimos anos está a ter unha alta participación en todas as categorías, superando o ano pasado máis de medio millar de atletas inscritos, o Concello de Teo organizou unha serie de actividades de animación paralelas que se desenvolverán no parque dos Tilos. Así  haberá exhibicións de bicitrial, graffiti e futbolín, xunto cun obradoiro de skate para a mocidade. Ademais tamén haberá cantina.

Esta carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperará como a pasada edición a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846, xa que a súa proba absoluta e andaina discorrerán polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ó exercito sublevado liderado polo xeneral Solís. Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza ó pé da reitoral de Bamonde e rematará no cumio de Montouto.  

 

Carreira Batalla de Cacheiras

Arquivos descargables