O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

2015 REMATOU CUN RESULTADO ORZAMENTARIO POSITIVO DE MÁIS DE 893.000 EUROS

| compartir:

A Conta Xeral de 2015 do Concello de Teo, que se someterá a votación na vindeira sesión plenaria da corporación, ofrece un resultado orzamentario positivo de 893.143 euros.

O informe, elaborado polo Departamento de Intervención, conclúe que o remanente de tesourería para gastos xerais situouse en -307.590 euros no peche do pasado exercicio, o que supón unha evidente mellora en comparación con 2014, cando estaba en -563.545 euros. Para analizar a evolución deste dato basta lembrar que no ano 2011 superaba os tres millóns de euros.

 

Outro dato moi significativo do documento é que o período medio de cobro por parte do Concello, no que se inclúen as achegas que deben efectuar as demais Administracións, alcanza os 155 días. Pola contra, e pese ao comportamento das demais entidades, o Concello foi capaz de reducir o periodo medio de pago das súas obrigas pendentes e recoñecidas por debaixo dos 99 días durante o exercicio de 2015.

 

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, explica que esta conta xeral “confirma unha xestión responsable e solvente por parte do Goberno de Teo”, que foi quen de mellorar os principais indicadores económicos e financeiros á vez que mantivo e ampliou os servizos municipais e puido executar investimentos relevantes. Sisto lamenta ademais que “o Concello teña que exercer na práctica como un prestamista para outras Administracións, especialmente a central do Estado, pola extrema demora con que efectúan os seus pagamentos”.

teo