O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Taller de figuras con vimbios

Data e hora

Localización
Campo o cu nas pallas. San Domingo. Calo.
Como chegar

Prazas dispoñibles
2
Inscribirse

Prazas por persoa
2

O parque de pacas, o cu nas pallas, que teremos no campo de San Domingo este verán comeza cun taller de elaboración de figuras con vimbios. Será o día da inauguración, o venres 15 de xullo ás 19:00 horas

Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos e poden participar xente adulta tamén. As inscricións poden ser individuais pero logo traballarase por parellas que se farán ao comezo do taller. 

As figuras que se fagan quedarán no propio parque, sendo parte da decoración do mesmo durante todo o verán. Vén decorar con nós o parque o cu nas pallas!

Máis información sobre o parque O cu nas pallas premendo aquí

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición podes facelo escribindo a turismo@teo.gal
Inscribirse
vimbio

Outros eventos por vir