O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O parque de pacas, o cu nas pallas, que teremos no campo de San Domingo este verán comeza cun taller de elaboración de figuras con vimbios. Será o día da inauguración, o venres 15 de xullo ás 19:00 horas.
Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos e poden participar xente adulta tamén. As inscricións poden ser individuais pero logo traballarase por parellas que se farán ao comezo do taller.
As figuras que se fagan quedarán no propio parque, sendo parte da decoración do mesmo durante todo o verán. Vén decorar con nós o parque o cu nas pallas!
Máis información sobre o parque O cu nas pallas premendo aquí