RUTA DA BURGA

Buga de Xermeade (AMT)

Deportes presenta o Carreiro do mes de maio, a RUTA BURGA. Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na  Burga de Xermeade

Andaremos por vellos camiños e sendas de pescadores pola beira do río Ulla.

A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo e chuvasqueiro en caso de choiva). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.

Inscrición gratuíta  a partir do 2  de maio para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 11 e 12 de maio abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

Data e hora

Domingo 15 de maio ás 10 horas

Localización

Burga de Xermeade

Data e hora
Localización
Burga de Xermeade

Actividades relacionadas