O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

RUTA DA BURGA

Data e hora

Localización
Burga de Xermeade
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Deportes presenta o Carreiro do mes de maio, a RUTA BURGA. Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na  Burga de Xermeade

Andaremos por vellos camiños e sendas de pescadores pola beira do río Ulla.

A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo e chuvasqueiro en caso de choiva). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.

Inscrición gratuíta  a partir do 2  de maio para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 11 e 12 de maio abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

Data e hora

Domingo 15 de maio ás 10 horas

Localización

Burga de Xermeade

Observacións
Unha vez comprobados os datos no Padrón de Habitantes confirmarase a inscrición nesta ruta no correo-e de contacto desde o que se enviou a solicitude. No caso de non estar empadroado e de abrirse prazo para a xente que estea nesta situación tamén se fará a confirmación da praza do mesmo xeito.
No caso de querer anular unha inscrición, débese enviar un correo-e a deportes@teo.gal comunicando os datos das persoas que serán dadas de baixa.
Calquera cambio de última hora no desenvolvemento da actividade comunicarase a través da web do Concello e das súas RRSS.
Buga de Xermeade (AMT)

Outros eventos por vir