O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Inscrición pechada
Obradoiro para mulleres adultas, consistente nun xogo co que crear unha liña do tempo para aprender feitos e mulleres relevantes da historia feminista. A través do xogo dinamizaremos un diálogo sobre cuestións como a igualdade entre mulleres e homes, a violencia machista ou as desigualdades. Poderemos xogar coas tres barallas (Acontecementos, Invisibilizadas, Galegas), en función dos intereses do grupo.
Os obxetivos que pretendemos traballar con esta actividade son:
- Visibilizar a outra parte da historia, silenciada polo androcentrismo.
- Ofrecer modelos de feminidade que rompen estereotipos e roles de xénero.
- Compartir un recurso lúdico para introducir o debate sobre temas como as violencias machistas, a desigualdade de xénero ou o feminismo.
Animádevos e anotádevos en teo.gal