O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

OBRADOIRO XOGANDO COS FEMINISMOS NO TEMPO

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Obradoiro para mulleres adultas, consistente nun xogo co que crear unha liña do tempo para aprender feitos e mulleres relevantes da historia feminista. A través do xogo dinamizaremos un diálogo sobre cuestións como a igualdade entre mulleres e homes, a violencia machista ou as desigualdades. Poderemos xogar coas tres barallas (Acontecementos, Invisibilizadas, Galegas), en función dos intereses do grupo.

Os obxetivos que pretendemos traballar con esta actividade son:

    - Visibilizar a outra parte da historia, silenciada polo androcentrismo. 

    - Ofrecer modelos de feminidade que rompen estereotipos e roles de xénero.

    - Compartir un recurso lúdico para introducir o debate sobre temas como as violencias machistas, a desigualdade de xénero ou o        feminismo.

Animádevos e anotádevos en teo.gal

obradoiro

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego