O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello organiza unha nova charla dentro do programa Educar en Familia, desta vez sobre os menores e o ocio nocturno.
Nesta charla, impartida por un policía local, abordaranse as distintas opcións de ocio nocturno como actividade lúdica, dividindo as mesmas en 3 bloques atendendo o lugar de desenvolvemento:
Ocio nocturno nos locais de hostaleria (Pubs, Discotecas, Salas de festas…).
Ocio nocturno na vía pública (verbenas, botellón…).
Ocio nocturno nas zonas privadas.
Nesta valoración farase unha análise da normativa, das infraccións e dos perigos, según que caso, facendo especial fincapé naquelas situacións máis habituais no que a operativa policial se refire.
De feito, un dos apartados que se trata con especial atención nesta actividade é o da normativa que afecta o ocio nocturno, así como as consecuencias derivadas da súa aplicación. De feito, téñense en conta as seguintes normas:
Lei 11/10 de prevención de consumo de bebidas alcohólicas a menores.
Ordenanzas de Convivencia e Ruidos dos distintos Concellos.
Lei 8/08 de Saúde de Galicia.
Lei 4/15 de Protección de Seguridade Cidadá.
Código Penal.
O obxectivo desta actividade non é outro que o de CONCIENCIAR a través de INFORMACIÓN, co fin de minimizar perigos, conductas incívicas e infraccións xa sexan administrativas ou penais derivadas do ocio nocturno.
A información é o pilar fundamental destas charlas, xa sexa aportando coñecementos sobre as normas, perigos, infraccións ou tamén dos perxuizos que causan certos actos ou actitudes tanto a particulares como a sociedade en xeral.
Por último, e non menos importante, tamén se pretende dar traslado os participantes do que é a labor da Policía Local, labor destinada a ofrecer un servizo público eficiente e de calidade, para o cal é de suma importancia a colaboración cidadá, o respeto e a empatía entre todo os actores do ocio nocturno.
Para inscribirse nesta actividade, cómpre escribir un correo indicando o nome completo, centro educativo, curso e idade do filla na seguinte dirección: educarenfamiliaconcellos@gmail.com