O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Volve o “Teo Gaming” a Teo, un evento sobre a cultura dixital e tecnolóxica que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de maio, na Casa Común de Rarís, en horario de 12.00 a 20.00 horas. .
O evento está centrado no ocio dixital, onde os asistentes poderán participar en torneos gratuítos, arcades, Retro Gaming e probar a realidade virtual. Poderán participar dende todas as idades, aínda que está aconsellado para a rapazada de 12 anos en adiante.
Ademais, haberá unha zona de educación dixital baseada no Plan Dixital Familiar, aprobado pola Asociación Española de Pediatría, onde as familias e demais asistentes poderán coñecer o uso saudable das pantallas e dos contidos dixitais.
O obxectivo desta xornada é poñer no foco o deporte electrónico como ferramenta para unir xeracións, promovendo o ocio dixital como unha actividade sa e compartida. Tamén haberá diversos xogos de mesa para os máis tradicionais.