O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras

Data e hora

Localización
Reitoral de Bamonde
Como chegar

O 23 de abril Teo volve a realizar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras recuperando o percorrido previo á pandemia. Deste xeito a carreira absoluta terá unha ruta de 9 quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.

As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 19 de abril ás 23:59 horas e xa están abertas. Podes inscribirte premendo aquí

A saída da proba absoluta farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17:30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía. A entrega de premios farase ás 19:00 horas. 

Probas escolares

As probas escolares celebraranse en horario de mañá e serán no lugar da Torre, no espazo do parque enriba da autovía. As probas das crianzas comezarán ás 10:30 e rematarán sobre as 12:30. A continuación farase a entrega de premios. 

Máis información premendo aquí

Listaxe de agarda
carreira

Outros eventos por vir