O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ANDAINAS PARA MULLERES CON NOME PROPIO: CON.TACTO

Data e hora

Localización
Travesía de Francos
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Este proxecto é bautizado “Con nome propio” xa que cada unha das andainas será bautizado co nome dunha muller que foi ou é relevante a nivel local, autonómico ou estatal. A maiores da temática traballada durante a andaina, darase visibilidade a cada unha destas mulleres para que a súa historia sirva de referente a moitas outras.

Mediante a achega a realidades coñecidas e por coñecer; recoñecemento de mulleres relevantes e ferramentas existentes (prev. violencias  machistas, redes ás que acudir, métodos, etc.)cada unha das andainas aportará ásparticipantes unha pequena mochila chea de información e recursos.

O 27 de abril, teremos un percorrido de 6km na zona de Francos. Nesta ocasión explorararemos a importancia do contacto como ferramenta de coidado e conexión. A través de dinámicas participativas, reflexionaremos sobre a importancia de crear espazos de coidado mutuo e de atención ás nosas necesidades emocionais. Será unha oportunidade para recoñecer o valor das relacións que nos rodean e do propio coidado como parte fundamental do benestar. 

Animádevos!!!!

Observacións
Levar roupa cómodo e tenis para camiñar, gorra e auga.
andainas

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego