O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Este proxecto é bautizado “Con nome propio” xa que cada unha das andainas será bautizado co nome dunha muller que foi ou é relevante a nivel local, autonómico ou estatal. A maiores da temática traballada durante a andaina, darase visibilidade a cada unha destas mulleres para que a súa historia sirva de referente a moitas outras.
Mediante a achega a realidades coñecidas e por coñecer; recoñecemento de mulleres relevantes e ferramentas existentes (prev. violencias machistas, redes ás que acudir, métodos, etc.)cada unha das andainas aportará ásparticipantes unha pequena mochila chea de información e recursos.
O 27 de abril, teremos un percorrido de 6km na zona de Francos. Nesta ocasión explorararemos a importancia do contacto como ferramenta de coidado e conexión. A través de dinámicas participativas, reflexionaremos sobre a importancia de crear espazos de coidado mutuo e de atención ás nosas necesidades emocionais. Será unha oportunidade para recoñecer o valor das relacións que nos rodean e do propio coidado como parte fundamental do benestar.
Animádevos!!!!