Anuncio da oferta de emprego público 2022

Data presentación
Arquivos

Publícase o anuncio da oferta de emprego público do 2022 publicada no BOP número 90 do 12 de maio de 2022

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, a Resolución da Alcaldía n.º 616/2022, do 9 de maio, aprobou a oferta de emprego público do Concello de Teo para o ano 2022, que comprende as prazas que de seguido se mencionan dotadas no orzamento da Corporación, e en atención ao disposto no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022:

PERSOAL FUNCIONARIO

  • Cabo/oficial. Grupo C1. Nivel 20. Quenda: Promoción interna. 1 praza
  • Garda/policía. Grupo C1. Nivel 18. Quenda: Libre. 1 praza
  • Arquitecto/a técnico/a. Grupo  A2. Nivel 26. Quenda: Libre. 1 praza
  • Técnico/a de Recursos Humanos Grupo A2. Nivel 26. Quenda:  Libre. 1 praza

PERSOAL LABORAL

  • Técnico/a informático/a. Grupo A2. Quenda: Libre. 1 praza.
  • Traballador/a social. Grupo A2. Quenda: Libre. 1 praza.
  • Xefe/a de instalación de redes A2 Libre. 1 praza.
  • Bibliotecario/a. Grupo A2. Quenda: Libre.  1 praza.
  • Tractorista/palista. Grupo C2. Quenda: Libre. 1 praza.
  • Conserxe/enterrador. Grupo  AP. quenda: Libre. 1 praza.

Publicado en teo.gal o 12 de maio de 2022.