O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A carballeira de Francos vólvese a encher de festa co Festeo

| compartir:

A carballeira de Francos, logo da pandemia, volve a acoller o FesTeo e a Feira da terra o sábado 4 de xuño.

O FesTeo é unha xornada de festa e encontro no que se pon en valor o tecido asociativo e cultural do Concello. Haberá música, baile, deportes cultura urbana e teremos a presenza dos movementos sociais coa participación destacada das entidades teenses.

E para o fin de festa haberá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Xunto co FesTeo teremos a Feira da Terra, que coordina a Asociación A Carballeira e que achegará a Teo postos de venda de produtos da terra así como artesanais.

As actividades da Feira da Terra comezarán ás 12:00 horas e durante a mesma haberá postos de venda de artesanía, alimentación, obradoiros de artesanía en vivo, música tradicional e polbeiro.

A programación do Festeo comezará ás 17:00 horas.

Teremos actuacións dos grupos das asociacións culturais de Teo nos seguintes horarios:

  • 17:00 h. Sociedade Recreativa de Calo.
  • 17:20 h. Asociación Cultural Cruceiro de Monte de Solláns.
  • 17:40 h. Rosalía de Castro de Cacheiras.
  • 18:00 h. A.C. A Pontevella de Reis.
  • 18:20 h. A.C. A Mámoa de Luou.
  • 18:40 h Banda cultural de Teo.

Dende as 17:00 horas, noutro espazo haberá exhibición e obradoiro de freestyle football.

Ás 19.15 h. comezarán as exhibicións deportivas de kárate, judo, taekwondo, kickboxing, tiro con arco e aeromodelismo de clubes e asociacións de Teo.

Na carballeira tamén haberá mesas informativas da AECC, de Aspamite ou do Consello local da infancia e adolescencia de Teo que terán un mercadillo solidario para recadar fondos para Ucraína e darán a coñecer o Consello climático xuvenil que está traballando contra o cambio climático.

O concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecha a xornada ás 20:30 horas. Este concerto será de balde e non é preciso inscrición previa.

Díaz é un músico e compositor de música tradicional cunha traxectoria exitosa que o ten levado a participar en proxectos tan destacados como Berrogüetto ou aCadaCanto ademais de numerosas colaboracións con outros artistas. En Teo estará acompañado, como en varios dos seus discos, de Adufeiras de Salitres, un grupo de once mulleres que se encargan da percusión e das voces.  

O acceso ao Festeo é libre e de balde. 

 

Festeo