A Policía Local incauta case 200 gramos de marihuana en Cacheiras

08-11-2021
policia local

A Policía Local de Teo vén de incautar 190 gramos de marihuana destinada á venta na zona de Cacheiras. Os feitos teñen lugar o pasado venres cando unha patrulla intercepta a un varón na vía pública deambulando de noite por unha zona escura próxima ao cemiterio de Cacheiras.

Tras detectar un forte cheiro a marihuana procédese á identificación e cacheo, incautando a citada substancia no interior de botes de plástico.

Dende o servizo infórmaselle de que vai ser investigado por un presunto delito contra a saúde pública. As dilixencias realizadas serán trasladadas á garda Civil de Ames para posterior investigación dos feitos.