O Concello distribúe axudas entre as persoas usuarias das escolas infantís

29-11-2021
eims

En 2020 a Xunta de Galicia recoñeceu unha subvención extraordinaria ao Concello de Teo para a concesión de axudas á familias vulnerables das escolas infantís municipais. Dita subvención xerou un pequeno remanente de 3.501,00€, motivo polo cal en 2021 o Concello vén de resolver a adxudicación dunha convocatoria extraordinaria de axudas dirixida ao apoio na cobertura de necesidades básicas do alumnado das escolas infantís municipais pertencente ao grupo de menor renda per cápita familiar.

Dende o Departamento de Benestar realizouse xa o proceso de concesión ao contar xa coa información necesaria. Deste xeito gáñase en axilidade. A contía que se lle recoñece é a mesma para todas as persoas matriculadas actualmente nas escolas infantís municipais con renda inferior ao 75% do IPREM. Así mesmo a cantidade desta axuda será aboada nun único pagamento a través da conta bancaria que figura dispoñible no expediente de cada alumno/a.

Podes consultar aquí o listade de concesión das axudas 

A persoas beneficiarias da concesión desta axuda terán que presentar antes do 30/03/2022 un documento que se lles achegou coa notificación da axuda. Deben entregalo no Rexistro Xeral do Concello e débense facer constar os seguintes aspectos:

  • Declaración doutras axudas percibidas ou solicitadas.

  • Declaración xurada de atoparse ao corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

  • Declaración xurada de non atoparse en causa de prohibición para obter axudas públicas.