Festival de maxia co Mago Romarís, co Mago Paco e con Dani Polo

01-12-2021
Festival Maxia

Os sábados do mes de decembro serán sábados máxicos en Teo. Teremos Festival de Maxia co Mago Romarís, co Mago Paco e con Dani Polo. Esta actividade, dirixida especialmente a un público familiar será os sábados 4, 11 e 18 deste mes na Ramallosa, no Auditorio Municipal Constante Liste. Todas as funcións serán ás 18:00 horas. A entrada será de balde pero é convinte reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais dos asistentes así coma un número de teléfono de contacto. 

Comeza o Festival o sábado 4 co espectáculo Maxia Potáxica do Mago Romarís no que se poderán ver os grandes éxitos deste mago, números con cartas, con cordas ou con laranxas.

O día 11 teremos ao Mago Paco coa función Hocus Pocus. Será unha tarde chea de maxia infantil con risas, cores e moitas sorpresas. 

E pechará este mes máxico o xove Mago Dani Polo coa peza Enmaxiarte o sábado 18. É un espectáculo revelación cun formato novidoso e con efectos máxicos sorprendentes. Poderase desfrutar de diferentes elementos, maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto. Dani Polo conta, entre os seus recoñecementos, co Premio Nacional de Maxia

Dende a área de Cultura indican que no caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día. 

Podes consultar a axenda completa do mes de decembro premendo aquí