Urbanismo acorda continuar coa tramitación dos expedientes de licenza urbanísticos e cos de disciplina urbanística

08-05-2020
vivenda

A Concellaría de Urbanismo ditou unha resolución na que se acorda continuar a tramitación dos expedientes de licenzas urbanísticas suspendidas polo RD 463/2020 (que decretao estado de alarma), do 14 de marzo; cando se dan as circunstancias descritas no apartado 3 da disposición adicional terceira do citado RD e se conte coa conformidade dos/as interesados/as. 

Podes ler a resolución completa premendo aquí

Podes descargar o modelo de solicitude voluntaria premendo aquí

O Concello tamén notificará este acordo ás persoas interesadas, indicándolles expresamente o seu dereito a prestar a súa conformidade á continuación dos procedementos de concesión de licenzas nos que teñan a condición de interesados/as.

Na resolución tamén se aproba o modelo normalizado, que aparece como anexo , e que será posto a disposición das persoas interesadas na sede electrónica para que, se o consideran oportuno, amosen a súa conformidade para continuar co expediente de concesión de licenza que sinalen en cada caso.

Dende Urbanismo detectouse a necesidade de retomar a tramitación das licenzas urbanísticas nun momento da desecalada na que cada vez se van permitindo máis actividades. A disposición adicional terceira do Real Decreto do estado de alarma, que fala da suspensión de prazos administrativos, permite que se levante esa suspensión dun xeito motivado e sempre e cando os interesados nesa tramitación amosen a súa conformidade expresa. 

Desta xeito as persoas que teñan un procedemento aberto de licenza urbanística ou queiran iniciar novo en Teo un deben presentar o modelo de solicitude voluntaria para amosar o seu acordo. 

Comunicación previa

Por outra banda os procedementos de comunicación previa non están sometidos a estes condicionantes e no caso de presentalos terán os mesmos prazos administrativos que antes do estado de alarma. 

Disciplina urbanística 

Urbanismo tamén ditou unha resolución sobre a continuación dos procedementos de disciplina urbanística que podes consultar completa premendo aquí. Acórdase iniciar ou continuar os procedementos de disciplina urbanística que se refiren aos artigos 151 e seguintes da LSG, suspendidos polo RD 463/202, do 14 de marzo, por consideralo indispensable para garantir o cumprimento a legalidade urbanística e polo tanto a protección do interese xeral. 

Os actos administrativos que se diten nos procedementos cuxo inicio ou continuación se habilita por medio da citada resolución, deberá facerse mención á mesma. Así mesmo na notificación dos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxo inicio ou continuación se permite, dos que puideran derivarse efectos desfavorables ou de gravame para as persoas interesadas, farase constar que, de conformidade coa disposición adicional oitava do RDL 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o cómputo do prazo para interpor recursos en vía administrativa ou para instar calquera outros procedementos de impugnación, reclamación, conciliación, mediación e arbitraxe que os sustitúan de acordo co previsto nas Leis, computarase dende o día hábil seguinte á data de finalización do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrera dende a notificación da actuación obxecto de recurso ou impugnación, sen prezuíxo da eficacia e executividade do acto administativo obxeto de recurso ou impugación.