O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza un paseo pola Ruta das Muiñeiras para recoller herbas de San Xoán. PRAZAS ESGOTADAS.

| compartir:

PRAZAS ESGOTADAS. Xa están cubertas as dúas quendas do paseo para recoller as herbas de San Xoán. 

O martes 23 de xuño, na véspera de San Xoán, realizarase a Ruta das Muiñeiras, pola parroquia de Luou, para realizar a recollida das herbas de San Xoán. Esta actividade convértese na inauguración desta ruta que vai dende Chanca ata A Insua e ten 900 metros de lonxitude. Nesta zona, recuperada medioambientalmente nos últimos meses a través da execución do colector de Espasande, conta con numerosos muíños no percorrido. Podemos atopar na mesma o muíño e pombal das Muiñeiras, o muíño do Inferniño, o muíño Novo, o muíño dos Cornidos, o muíño de Insua e o lavadoiro de Insua. 

A recollida das herbas de San Xoán é unha tradición baseada na crenza de que lavar a cara con elas no día de San Xoán reconforta as persoas debido ás súas propiedades máxicas. Para facelo con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense servirá esta ruta guiada polo educador ambiental Tino Quintela. As persoas que acudan comezarán o solsticio de verán purificadas!

Para participar neste paseo é necesaria inscrición previa enviando o nome completo e DNI das persoas que desexen acudir ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal. A ruta é de dificultade moi baixa polo que está indicada para familias con nenos/as. A hora de saída prevista son as 17:00 horas e o punto de encontro do grupo a igrexa de Luou. 

Nova quenda ás 18:30 horas (editado o 15 de xuño de 2020)

Nos primeiros días cubríronse as 20 prazas deste roteiro polo que se acordou realizar unha nova saída ás 18:30 horas. O horario das 17:00 horas está cuberto pero as persoas interesadas poden anotarse para o novo horario enviando un correo electrónico a politicalinguistica@teo.gal. 

 

herbas San Xoán