As escolas culturais continúan no seu último mes as clases en liña

25-05-2020
escolas culturais

As Escolas Culturais continúan no seu último mes as clases en liña, a través de plataformas específicas con vídeos titoriais, ou en emisións en directo. Mostramos aquí como están a seguir boa parte delas e das súas actividades este mes de maio.

Así mesmo, volvemos a informar de novo que o alumnado quedou exento do pago do terceiro trimestre nestas actividades. E aqueles que xa o tiveran adiantado poderemos reservarllo como pago para outra edición, ou resolverllo poñendose en contacto co departamento en cultura@teo.gal. A finais de maio realizaranse as clausuras das Escolas Culturais 2019-2020, neste caso de xeito virtual.

ESCOLA DE ARTES PLÁSTICAS: No obradoiro de Artes Plásticas seguen a traballar personaxes da TV, cine e da banda deseñada. Neste vídeo podedes aprender a pintar a Iron Man ou a un pitufo, en tan só uns minutos, animádesvos?

https://www.youtube.com/watch?v=OP9lts5OLms&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=FLJuVPvvbM0

ESCOLA DE PROGRAMACIÓN: Animádesvos a seguir un destes videotutoriais de programación? Nunca é tarde para aprender algo novo, e o alumnado de programación segue atentamente as súas clases con normalidade.

https://auladesafio.com/videotutoriales/

ESCOLA DE TEATRO: As aulas de Teatro conéctanse entre eles en liña para non perder o efecto do directo nin o ritmo dos ensaios. Aquí están traballando a distancia cun dos seus grupos:

https://www.facebook.com/culturactiva.scg/videos/186031215803833/