O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O RESTAURANTE SAN MARTIÑO DE CALO ORGANIZA UN CURSIÑO DE COCIÑA SAUDABLE

| compartir:

O departamento de Benestar, dirixido por Ignacio Iglesias, informa da convocatoria dun cursiño de cociña saudable organizado polo restaurante San Martiño, na parroquia de Calo. Esta actividade está especialmente indicado para doentes oncolóxicos ou familiares.

 Para este curso contarase coa colaboración de cociñeiros expertos en dietas para persoas enfermas e  asesoramento por parte de profesionais da medicina. 

Está previsto que se realice os martes pola tarde durante catro xornadas. Hai dispoñibles quince prazas e pódese solicitar información nos Servizos Sociais do Concello de Teo, no teléfono  981 809 707.

teo