O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O DEPARTAMENTO DE DEPORTES CONMEMORA O 170 ANIVERSARIO DA BATALLA DE CACHEIRAS COA CARREIRA PEDESTRE O 24 DE ABRIL

| compartir:

O vindeiro domingo 24 de abril celebrarase a tradicional Carreira Pedestre. Organizada dende a Concellaría de Deportes, está aberta tanto a atletas federados como non federados. Este ano, segundo o Concelleiro de Deportes, Jorge Carballaido, “quérese poñer en valor o trazado orixinal da batalla”, polo que os corredores discorrerán polo trazado que percorreu o Xeneral de la Concha na batalla de Cacheiras, o que suporá unha oportunidade de desfrutar da historia de Galicia e do deporte ao mesmo tempo.

Na carreira están establecidas as seguintes categorías, nas que haberá que inscribirse na web www.emesports.es antes do día 20 de abril.

 

-        Pitufo: Saída as 12:00 horas. Percorrido de 150 metros.

-        Prebenxamín: 12:04 horas. Percorrido de 430 metros.

-        Benxamín: 12:15 horas. Percorrido de 860 metros.

-        Alevín: 12:45 horas. Percorrido de 860 metros.

-        Infantil, cadete e xuvenil: 13:00 horas. Percorrido de 1620 metros.

-        Júnior, promesa, sénior e veterano: 10:45 horas. Percorrido de 9km.

 

Os prezos para participar serán gratuítos dende a categoría Pitufo ata a Infantil, cadete e xuvenil. Os corredores das categorías Júnior, promesa, sénior e veterano deberán abonar 5€. Ademais, os participantes destas últimas categorías terán que recoller os seus dorsais no Alto de Montouto a partir das 9:00 horas, ademais dun chip que terán que levar nunha das dúas zapatillas e que deberá entregarse ao final da proba. Dende as 9:15 horas disporán de autobuses que os levarán cara ao punto de saída, en Bamonde.

 

As categorías inferiores correrán nun circuíto habilitado para eles no alto de Montouto sendo ás 12:00 horas a saída dos pitufos.

 

Ao final da carreira, haberá premios en cada categoría, ademais de mencións especiais. Por outra banda, os participantes disporán de servizo de duchas no Polideportivo Municipal dos Tilos (a 500 metros do final da proba).

 

Para calquera dúbida, pódese contactar co Departamento de Deportes no 981 815 700.

teo