Aviso de limitación de aparcadoiro nos Tilos por traballos de poda Venres, Febreiro 3, 2023 - 20:00 Infórmase á veciñanza dos Tilos que do luns 30 de xaneiro ao xoves 2 se van facer traballos de poda na aliñación de Tilos na rúa Castiñeiro. Debido a estas tarefas na semana do luns 30 ao xoves 2 haberá limitacións nas zonas de aparcamento.
Inscrición aberta Comunicación de guerrilla arredor do dereito á auga Sábado, Febreiro 4, 2023 - 10:30 A área de Mocidade presenta un taller para a xente nova sobre comunicación de guerrilla derredor do dereito á auga. Tes entre 15 e 25 anos? Queres formar parte dunha acción de rúa que provoque unha reflexión na sociedade en torno ao dereito á auga?