O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OBRA DE TEATRO: CRISÁLIDAS

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
80
Inscribirse

Prazas por persoa
4

O vindeiro 25N conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, dende o Centro de Información á Muller do Concello de Teo, consideramos que o teatro é unha canle perfecta para sensibilizar sobre esta problemática e visibilizala

Dende que naceu Clara, converteuse na eiruga máis alegre de todo o bosque. Quería viaxar polo mundo e facer cousas importantes. Non paraba quieta nin un momento, e por iso, non tiña unha casa estable, cunha pequena mochila movíase de lado a lado. Clara foi coñecendo a outros animais polo camiño, e cada vez foise facendo máis pequeniña e cada vez camiñaba máis lento porque a súa mochila estaba repleta de cousas! Mesmo decidiu quedar a vivir nunha planta. Clara estaba moi triste. Un día, cansada de todo, decidiu soltar a súa mochila, e cando iso sucedeu... pasou algo incríble, acompañádesnos a descubrilo? Obra que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación e violencia.

Acompáñanos nesta xornada onde a arte se converte en berro e compromiso. Agardámoste para construír, entre todas e todos, un Teo libre de violencias machistas

DURACIÓN: 50 mins

IDADE RECOMENDADA: Público familiar

Inscribirse
TEATRO

Outros eventos por vir