O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

SERVIZOS MÍNIMOS – FOLGA NO SAF DO 13 DE AGOSTO DE 2025

Con motivo da convocatoria de folga no SAF para o día 13 de agosto de 2025 en todo o territorio galego, no día de hoxe, 12 de agosto de 2025, dictouse Resolución da Alcaldía sobre servizos mínimos no SAF do Concello de Teo, na cal se acorda o seguinte:

"Execución de todos aqueles servizos prestados a persoas que, conforme ao seu plan de traballo, teñan incorporada a prestación de atencións no ámbito das actividades básicas da vida diaria, coas correspondentes tarefas necesarias para a súa correcta execución, sexan de modalidade básica ou de dependencia. Quedando exceptuadas as tarefas de supervisión de actividades básicas, salvo nos casos de supervisión de medicación, que si deberán realizarse.

O tempo de desenvolvemento da atención axustarase a aquel necesario para a execución das atencións das actividades básicas descritas. Respectándose, de ser o caso, a prestación de servizo en diferentes franxas horarias."

Pode consultar o texto íntegro da resolución pinchando aquí