Resolución de continuación de procedementos de disciplina urbanística

Publícase a resolución de continuación de procedementos de disciplina urbanística. 

Na citada resolución resólvese: 

  1. Iniciar ou, no seu caso, continuar os procedementosde disciplina urbanística aos que se refiren os artigos 151 e seguintes da LSG, suspendidas polo RD 463/2020, do 14 de marzo, ao concorrer as circunstancias descritas no apartado 4 na disposición adicional do citado RD, aoresultar indispensable para garantir o cumprimento da legalidade urbanística e polo tanto para a protección do interese xeral.
  2. Nos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxo inicio ou continuación se habilita por medio da presente, deberá facerse mención a esta Resolución, que deberá ser debidamente trasladada ao personal do departamento de urbanismo.
  3. Na notificación dos actos administrativos que se diten nos procedementos cuxo inicio ou continuación se permite, dos que puideran derivarse efectos desfavorables ou de gravame para as persoas interesadas, se fará constar que, de conformidade coa disposición adicional oitava do RDL 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o cómputo do prazo para interpor recursos en vía administrativa ou para instar calquera outros procedementos de impugnación, reclamación, conciliación, mediación e arbitraxe que os sustitúan de acordo co previsto nas leis, computarase dende o día hábil seguinte á data de finalización do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrera dende a notificación da actuación obxecto de recurso ou impugnación, sen prezuíxo da eficacia e executividade do acto administativo obxeto de recurso ou impugación.
  4. A presente resolucion surtirá efectos dende o día da súa data, sen prexuízo de facer público o contido da mesma, para xeral coñecemento, no BOP, no taboleiro de edictos do Concello, na web municipal, no portal de transparencia e na sede electrónica.
  5. Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, poderanse interpor os recursos previstos no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ou directamente recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo de que, de acordo co disposto nas disposicións adicionais segunda e terceira do RD 463/2020, de 14 de marzo, queda en suspenso o prazo para a interposición, no seu caso, do recurso contencioso administrativo.
  6. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.

Consulta aquí a resolución completa. 

Publicado en teo.gal o 12 de maio de 2020. 

O BOP número 72 do luns 25 de maio publica o anuncio de Resolucións da Alcaldía e da concelleira de urbanismo, ditados ao amparo dos apartados 3 e 4 da Dispos. adic. 3.ª do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, relativos a continuación de varios procedementos.