O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Regulamento de participación veciñal

Edicto relativo á aprobación definitiva do Regulamento de participación veciñal do Concello de Teo.

O Pleno do Concello, na sesión de 25 de xaneiro de 2017, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de participación veciñal no concello de Teo.

Sometido o expediente a información pública, durante trinta días, mediante anuncios publicados no BOP (número 29 do 10/02/2017) e no taboleiro de anuncios do concello, non se presentou reclamación algunha, polo que, de acordo co artigo 49 da da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local(LRBRL), e de conformidade co acordo plenario citado, enténdese definitivamente aprobado o mencionado regulamento.

De acordo co disposto no artigo 70.2 da LRBRL, procédese á publicación íntegra do texto do regulamento,que entrará en vigor trala súa publicación e unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da LRBRL.

Arquivos