O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publicación no BOP de desafectación parcial de camiño público. Calo.

Publícase no BOP a aprobación inicial de desafectación parcial de camiño público.

Consulta aquí a publicación no Bop.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 24 de maio de 2023, acordou aprobar inicialmente a desafectación do tramo do camiño público proveniente da Concentración Parcelaria de San Xoán de Calo, de 184m2, segundo o detalle que se pode consultar na web municipal (www.teo.gal), no seguinte enlace:
https://www.teo.gal/index.php/gl/tramites/normativa_municipal/aprobacion-inicial-de-desafectacion-parcial-de-cami-no-publico-calo


A desafectación en cuestión responde á pretensión de vender o tramo de camiño desafectado á Fundación Cementerio Parroquial San Xoán de Calo, que foi a que solicitou a desafectación en cuestión, cuxa finalidade é regularizar os usos publico/privados da zona en consistencia coa cualificación do PXOM articulando un circuíto de entrada e saída neste equipamento comunitario.

Publicado en teo.gal o 27 de xuño de 2023.

Publícase o anuncio de aprobación inicial de desafectación parcial de camiño público. 

Consulta aquí o anuncio completo

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 24 de maio de 2023, acordou aprobar inicialmente a desafectación do tramo do camiño público proveniente da Concentración Parcelaria de San Xoán de Calo, de 184m2 , segundo o detalle que podes consultar premendo aquí.

A desafectación en cuestión responde á pretensión de vender o tramo de camiño desafectado á Fundación Cementerio Parroquial San Xoán de Calo, que foi a que solicitou a desafectación en cuestión, cuxa finalidade é regularizar os usos publico/privados da zona en consistencia coa cualificación do PXOM articulando un circuíto de entrada e saída neste equipamento comunitario.

Por medio do presente e de conformidade cos artigos 89 da LRBRL e 8 do RBEL, sométese o expediente a información pública, mediante a inserción do anuncio no BOP, no taboleiro de edictos, na web municipal (www.teo.gal) e na sede electrónica do Concello de Teo, para que as persoas interesadas poidan formular as reclamacións que estimen pertinentes, no prazo dun mes, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación do presente no BOP. O anuncio publicarase así mesmo no BOE, servindo o mesmo de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2023. 

Arquivos