O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
De conformidade co previsto no artigo 104 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), o Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 30 de xuño de 2023, acordou crear un posto de persoal eventual, baixo a denominación de Responsable de prensa e comunicación, fixando as características e retribucións do mesmo.
Así mesmo, o Pleno acordou, na sesión ordinaria do 31 de xaneiro de 2024,crear un posto de persoal eventual, baixo a denominación de Secretaría da Alcaldía, fixando as características e retribución do mesmo.
Doutra banda, e en cumprimento do establecido no apartado 6 do artigo 104 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, dáse conta trimestralmente, ao Pleno, da cobertura dos postos cuxa cobertura corresponde a persoal eventual.