APROBACIÓN EXPEDIENTE ALUGUEIRO DE INMOBLE PARA APARCADOIRO MUNICIPAL. EXPEDIENTE 2023/X999/000122.
Publícase a resolución da alcaldía de aprobación do expediente de alugueiro dun inmoble para aparcadoiro municipal. Expediente 2023/X999/000122.
Consulta aquí a resolución completa.
Na citada resolución acórdase o seguinte:
- Aprobar o Prego de condicións que rexerá o alugueiro dun inmoble sito no lugar da Ribeira para aparcadoiro municipal, polo prezo máximo mensual de douscentos dez euros e trinta e oito céntimos (210,38 €), IVE engadido.
- Aprobar a taxación realizada polo arquitecto municipal valorando o alugueiro do inmoble en 173,87 € mensuais.
- Aprobar o expediente de contratación e o gasto correspondente, con cargo á partida 151/200.00 do vixente orzamento municipal, por importe mensual de douscentos dez euros e trinta e oito céntimos (210,38 €), IVE engadido.
- Invitar ao propietario para ver se está interesado en alugar o inmoble descrito e se acepta as condicións polas que se formalizará o alugueiro de forma directa.
Publicado en teo.gal o 29 de maio de 2023.