O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Continuación de procedementos de licenzas urbanísticas

Publícase a resolución de continuación de procedementos de licenzas urbanísticas. 

Na resolución resólvese: 

  1. Continuar a tramitación dos expedientes de licenzas urbanísticas suspendidos polo RD 463/2020, do 14 de marzo, cando se den as circunstancias descritas no apartado 3 da disposición adicional terceira do citado RD e se conte, no seu caso, coa conformidade dos/as interesados/as.
  2. Aprobar o modelo normalizado, que se achega como anexo á presente, que será posto a disposición das persoas interesadas na sede electrónica para que, se o consideran oportuno, amosen a súa conformidade para continuar co expediente de concesión de licenza que sinalen en cada caso.
  3. Notificar a presente ás persoas interesadas, indicándolles expresamente o seu dereito a prestar a súa conformidade á continuación dos procedementos de concesión de licenzas nos que teñan a condición de interesados/as.
  4. Facer público a presente mediante a súa publicación na web municipal, no portal de transparencia e na sede electrónica.
  5. Contra a presente resolución non cabe recurso, por tratarse dun acto de mero trámite segundo dispoñen o artigo 112 da Lei 39/15, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
  6. Dar conta ao Pleno na vindeira sesión ordinaria que se celebre.

Consulta aquí a resolución completa. 

Publicado en teo.gal o 8 de maio de 2020.

O BOP número 72 do luns 25 de maio publica o anuncio de Resolucións da Alcaldía e da concelleira de urbanismo, ditados ao amparo dos apartados 3 e 4 da Dispos. adic. 3.ª do RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, relativos a continuación de varios procedementos.