O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CONSULTA PÚBLICA CIDADÁ SOBRE ORDENANZA REGULADORA DE XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE TEO

O concello de Teo en manifestación do principio de autonomía local e da potestade regulamentaria quere iniciar a elaboración dunha ORDENANZA REGULADORA DE XESTIÓN DE RESIDUOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE TEO.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de dez días ( a contar dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal e na sede electrónica municipal ( a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Publícase a efectos do artigo 133.2 da Lei 39/2015 un borrador inicial co obxectivo de dar audiencia os cidadans afectados e recabar cantas aportacións adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades .

Arquivos
Attachment Size
Proxecto.pdf 285.57 KB
Consulta pública.pdf 114 KB