O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio revisión de oficio do estudo de detalle para edificio comercial

Por medio do presente faise publico que, para dar cumprimento ao requirimento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de 11 de novembro de 2016 (rex. entrada nº 9869, de 15/11/2016), o Pleno do concello de Teo, na sesión ordinaria de 29 de xuño de 2017, acordou:

Primeiro.- Iniciar o procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016, polo que se aprobou definitivamente o Estudo de Detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcamento, na antiga estrada de Santiago á A Estrada km 3, lugar de Estivada (Cacheiras), promovido por Mercadona S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas  (rex. entrada nº 2087, de 18/03/2016), ao tratarse dunha disposición administrativa nula, ao amparo do artigo 47.2 da LPACAP.

Segundo.- Conceder ao/s interesado/s un prazo de vista e audiencia no expediente, durante o prazo de 10 días, a contar dende o seguinte ao da notificación e publicación do presente, para que alegue/n o que estime conveniente en defensa dos seus dereitos achegando os documentos e xustificantes que consideren pertinentes.

O citado prazo computarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Teo, 30 de xuño de 2016

Rafael C. Sisto Edreira

Arquivos
Attachment Size
anuncioestudodetallemercadona.pdf 36.66 KB