O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

ANUNCIO APROBACIÓN MODIFICACIÓN REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE TAXI

O Pleno municipal, na sesión ordinaria de 30 de outubro de 2024, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de funcionamento do servizo de taxi no Concello de Teo, modificando o artigo 11, que quedará redactado conforme se recolle a continuación, e eliminando o seu anexo II, referida ás tarifas, para a súa aprobación nun expediente diferenciado, e sometelo a información pública.