O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Aprobación inicial modificación Ordenanza do prezo público por utilización dos servizos de conciliación da vida familiar e laboral

En sesión plenaria do 28/01/2026 aprobouse inicialmente a modificación da Ordenanza reguladora do prezo público por utilización dos servizos de conciliación da vida familiar e laboral.

Mediante o presente anuncio, sométese o expediente a información pública a través da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de Edictos da Corporación e na web municipal, para que os/as interesados/as poidan examinar o expediente e presentar as alegacións que estimen oportunas. 

O prazo de exposición pública é de 30 días hábiles de acordo co previsto no apartado b) do artigo 49 da Ley 7/1985, do 2 de abril, das Bases do Réxime Local, que contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

No caso de non presentarse alegacións, o acordo entenderase definitivamente aprobado, sen necesidade de novo acordo plenario e inserirase o anuncio de aprobación definitiva no BOP xunto co texto íntegro da modificación operada.

Prazo de exposición: 10/02/2026 ao 24/03/2026.