O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de aprobación definitiva da modificación do regulamento das escolas infantís municipais

Publícase no BOP número 32 do 17 de febreiro de 2020 o anuncio de aprobación definitiva da modificación do regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais do Concello de Teo.

Podes consultar o anuncio premendo aquí

Publicado en teo.gal o 17 de febrero de 2020

O anuncio de aprobación inicial de modificación do regulamento das escolas infantís municipais publicouse no BOP número 196 do 15 de outubro. Podes consultar o anuncio publicado no BOP premendo aquí

O prazo de exposición é de 30 días dende o 15 de outubro de 2019. 

Publicado en teo.gal o 15 de outubro de 2019. 

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 09/10/2019, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de organización e funcionamento das Escolas lnfantís municipais do concello de Teo, e sometelo a
información pública.
De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, durante o prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxestións que estime oportunas, podendo ser consultado o expediente na Secretaría do concello.
No suposto de que non se formulasen reclamacións durante a exposición pública, quedará aprobada definitivamente a modificación do Regulamento citado.

Consulta aquí o anuncio de exposición pública

Publicado en teo.gal o 10/10/2019