O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
ACTA DA 2ª SESIÓN DO TRIBUNAL CO RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE UN POSTO DE XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS PARA O CONCELLO DE TEO.
Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación dunha persoa para ocupar o posto de xefe de brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Teo.
Publicado en teo.gal o 7 de agosto de 2025.
ACTA DA 1ª SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE UN POSTO DE XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS PARA O CONCELLO DE TEO
Publícase o resultado da baremación dos aspirantes no proceso selectivo para ocupar un posto de xefe de brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Teo.
O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da proba práctica o mércores 6 de agosto as 17:00 na nave de Protección Civil sita no lugar de Lucí, nº 58, parroquia de Lucí.
Publicado en teo.gal o 5 de agosto de 2025.
LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR UN POSTO DE XEFE DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un (1) posto de xefe de brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Teo.
Convócase ao tribunal na Casa Consistorial, para a realización da baremación de méritos, ás 12.00 horas do martes 5 de agosto de 2025.
Publicado en teo.gal o 4 de agosto de 2025.
LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR UN POSTO DE XEFE/A DE BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un (1) posto de xefe de brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Teo.
As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de persoas admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de dous (2) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Publicado en teo.gal o mércores, 30 de xullo de 2025.
| Attachment | Size |
|---|---|
| 2ª acta Xefe brigada.pdf | 178.58 KB |
| Xefe brigada.pdf | 271.28 KB |
| Publicación web definitivas Xefe brigada.pdf | 41.36 KB |
| Lista provisional xefe taboleiro (2).pdf | 314.74 KB |