TRABALLADOR/A SOCIAL. ESTABILIZACIÓN.

Data presentación
Data presentación fin

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. TRABALLADOR/A SOCIAL. ESTABILIZACIÓN. 

Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro. 

BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de traballador/a social, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de traballador/a social. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado". 

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023. 

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022. 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. TRABALLADOR/A SOCIAL. 

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de traballador/a social, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL. 

O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO

O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase a praza de oficial/a de traballador/a social, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.