O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS PARA O ANO 2025
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2025, por un importe total de 47.000 euros, dos que 12.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
As solicitudes presentaranse nas instancias formalizadas recollidas nos Anexos I e II e dirixiranse ao concelleiro de Deportes. As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.
Attachment | Size |
---|---|
BOP 01-04-2025.pdf | 197.55 KB |
CLUBS ANEXO I SOLICITUDE.pdf | 80.68 KB |
CLUBS ANEXO III.pdf | 470.18 KB |
DEPORTISTAS ANEXO II SOLICITUDE.pdf | 91.04 KB |
DEPORTISTAS ANEXO IV.pdf | 197.35 KB |