O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións ás asociacións do ámbito veciñal e de benestar, polas actividades realizadas durante o ano 2026

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Aprobadas as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións as asociacións do ámbito veciñal e de benestar, polas actividades realizadas durante o ano 2026.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación e o fomento de actividades que melloren e contribúan na participación comunitaria de todos os veciños e veciñas do concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Así, o prazo vai do 30 de xuño ata o 20 de xullo, ambos incluidos.