O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Selección de dous postos de peóns

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO DO PROCESE SELECTIVO DE DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRA PÚBLICA

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como peóns de obra pública para o Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado

RESULTADO PRIMEIRO EXERCICIO PROCESO SELECTIVO DE DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRA PÚBLICA

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio

Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2022.

FASE DE CONCURSO PROCESO SELECTIVO DE DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRA PÚBLICA

Publícase o resultado da baremación dos méritos das persoas aspirantes no proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como peóns de obra pública. 

Consulta aquí o resultado da baremación de a data de exame. 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas: 

  • Primeiro exercicio: Martes, 26 de xullo de 2022, ás 09:30 horas na nave de obras do Concello (Lucí). 
  • Segunto exercicio: Martes, 26 de xullo de 2022, ás 11:00 horas na sala de xuntas do Concello de Teo. 

Publicado en teo.gal o 19 de xullo de 2022. 

LISTA DEFINITIVA NA SELECCIÓN DE DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRA PÚBLICA

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas no proceso para a selección, polo sistema de concurso-oposición, de dúas persoas desempregadas para ocupar os postos de peóns de obra pública para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a listaxe definitiva 

Convócase ao tribunal para o martes 19 de xullo ás 10:00 horas na Casa Consistorial para a baremación de méritos das persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 18 de xullo de 2022. 

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRA PÚBLICA

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a selección, polo sistema de concurso-oposición, de dúas persoas desempregadas para ocupar os postos de peóns de obra pública para o Concello de Teo. 

Consulta aquí as bases que rexerán a convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal mediante o sistema de concurso - oposición, de dúas persoas desempregadas como peóns de obra pública para levar a cabo traballos propios da ocupación ao abeiro do proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques, camiños e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do “Programa PEL-Concellos 2022 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL)” (BOP nº 18 de 27 de xaneiro de 2022).

Estas contratacións efectuaranse a tempo completo, terán unha duración de cinco meses e están subvencionadas pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación. As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento municipal de obras.

A modalidade contractual será a dun contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral (código de contrato 405).

A duración do contrato é de 5 meses a xornada completa. 

Descarga aquí a instancia e o anexo III para participar no proceso selectivo.  

Selección de traballadores/as.

O Concello de Teo fai a publicación do anuncio da convocatoria da contratación no seu taboleiro de anuncios, no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/) e na páxina web do Concello (www.teo.gal), publicación esta última que determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de cinco (5) días, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria na web, no Rexistro do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Neste caso, as persoas aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou correo electrónico (aedl@teo.gal), dentro do mesmo prazo de presentación das instancias. No caso da remisión de correo electrónico indicarase como asunto: Peón obra pública 2022.

Se o último día de presentación das solicitudes recae en día inhábil, o prazo entenderase ampliado ata o día hábil seguinte.

O prazo de presentación de instancias esténdese dendo o luns 11 ao venres 15 de xullo (ambos incluídos). 

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e acompañarase da documentación indicada nas mesmas bases.

Publicado en teo.gal o 8 de xullo de 2022.