O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE FRANCOS. CALO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 26 de xullo de 2017 formalizouse o contrato para a realización da obra denominada “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE FRANCOS. CALO” entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de febreiro de 2018.

ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 4 de xullo de 2017 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE FRANCOS. CALO", incluída no Plan de Acción Social (PAS 2015) da Deputación Provincial da Coruña, á empresa "CYS HISPANIA, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 30.027,98 €, IVE engadido (24.816,51€, máis 5.211.47€ de IVE).

 

Fixouse o prazo de execución do contrato en 1 mes, contado a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

 

Rematado o prazo de presentación de ofertas e de acordo cos pregos de cláusulas administrativas particulares, aprobados por resolución de Alcaldía de data 26 de abril de 2017, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

  • Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
  • Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
  • Ignacio soto González, arquitecto municipal.
  • Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
  • Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do Grupo Mixto.

Secretaria:

A adxunta a secretaría do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, e o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, funcionario do concello.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 8 de xuño, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre B “Oferta económica” efectuarase o día 12 de xuño, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do Contratante o día 06 de xuño de 2016.

En data 26 de abril de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra incluida no Plan de Acción social (PAS 2015) denominada “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE FRANCOS.CALO”, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, código 2015.3110.0363.0, de acordo co seguinte cadro de características:

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

Obxecto do contrato: “REPARACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE FRANCOS.CALO”

Expediente: O-3/17

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo). Tramitación ordinaria.

Orzamento: 43.070,42€ (35.595,39€ de base impoñible e 7.475,03€ de IVE)

Valor estimado do contrato: 42.714,47€

Clasificación: non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo C subgrupo 8 categoría A

Garantía provisional: non se esixe

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600€

Prazo de execución: 1 mes

Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

Presentación de proposicións:  no Rexistro Xeral do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401

Teo, 28 de abril de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP nº 87 do 10 de maio de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

Arquivos
Attachment Size
Pregodeclausulasadministrativas.pdf 1.5 MB
Proxecto.pdf 3.65 MB