O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 31 de xaneiro de 2018 formalizouse o contrato para a prestación do servizo “PROXECTO DE OBRAS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DO CONCELLO DE TEO” entre o Concello e a empresa adxudicataria.
Publicouse no Perfil de Contratante o día 1 de febreiro de 2018.
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 22 de xaneiro de 2018 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "PROXECTO DE OBRAS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DO CONCELLO DE TEO" á empresa "ASISTENCIA Y SOLUCIONES DE ARQUITECTURA E INGENIERÍA, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 2.671.536,06€, IVE engadido (2.207.881,04€, máis 463.655,02€ de IVE).
Fixouse o prazo de execución do contrato en 130 días naturais, contados a partir da data de sinatura da acta de reformulo.
A mesa de contratación na súa reunión do 1 de decembro de 2017 acordou realizar a apertura dos sobres C "Proposición económica e documentación avaliable de de forma automática" o vindeiro luns día 18 de decembro de 2017, ás 09:30 horas na Casa do Concello.
Publicado no Perfil de Contratante o día 12 de decembro de 2017.
A Mesa de Contratación reunirase o vindeiro martes día 5 de decembro de 2017 a fin da comprobación da documentación presentada nos Sobres B.
Publicado en teo.gal o 4 de decembro 2017
Publícase a data de apertura dos sobres B, que se fará en acto público o venres 1 de decembro de 2017 ás 09:30 horas.
Publicado en teo.gal o 28 de novembro de 2017.
Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 11 de outubro de 2017, pola que se aproba o expediente de contratación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.
-Mónica I. Lado Varela, interventora do concello.
-Ignacio soto González, arquitecto municipal.
-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-Ignacio Manuel Arroyo Font, concelleiro do grupo municipal do PP.
-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal mixto.
Secretaria:
Sandra María García Chenlo, adxunta a secretaría xeral do concello.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal e o concelleiro do grupo municipal do PP, por M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída por M.ª Elena Méndez Buela, administrativa adscrita a Secretaría.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación administrativa”o día 24 de novembro de 2017, ás 09:30 horas nas dependencias municipais.
Publicado no Perfil do Contratante o día 17 de novembro de 2017.
CORRECIÓN DE ERROS
Detectado un erro na Claúsula 8 SOBRE B apartado a) “Memoria técnica dos traballos a realizar” (páx. 10 na versión en galego e páx. 11 na versión en castelán) do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación, por Resolución da Alcaldía de data 2 de novembro de 2017 acordouse:
"Corrixir o erro material na Claúsula 8 SOBRE B apartado a) “Memoria técnica dos traballos a realizar” do prego de cláusulas administrativas particulares da obra denominada “Proxecto de obras de renovación das instalacións de alumeado público exterior do concello”, de xeito que onde se fai referencia a “calculando as columnas AK-AW de todos os puntos de luz”, debe poñer “calculadas para as seccións tipo incluídas no proxecto de obras”.
En consecuencia, o parágrafo indicado queda redactado do seguinte xeito: “a) Memoria técnica dos traballos a realizar, coas propostas de equipos, lámpadas, luminarias e demais material a empregar, detallando de forma clara e precisa modelos, propostas gráficas, marcas, rendementos enerxéticos, prestacións, achega, ensaios para cumprimento da normativa, xustificación luminotécnica das solucións propostas, calculadas para as seccións tipo incluídas no proxecto de obras, vantaxes do produto e experiencias das instalacións realizadas”."
Publicado no Perfil do Contratante o día 2 de novembro de 2017.
NOTA ACLARATORIA GARANTÍA PROVISIONAL
Ante as consultas efectuadas por distintas empresas en relación á constitución da garantía provisional,
INFORMÁSE
Que de acordo co establecido na cláusula 13.1 do prego de cláusulas 13.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores deberán constituír unha garantía provisional polo importe de oitenta mil cento oitenta e nove euros con trinta e oito céntimos de euro (80.189,38 €), correspondente ao 3% do presuposto do contrato, debendo incluirse no sobre A (Documentación administrativa), a documentación xustificativa da constitución da dita garantía.
Publicado no Perfil do Contratante o día 30 de outubro de 2017.
En data 11 de outubro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada “PROXECTO DE OBRAS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DO CONCELLO DE TEO”, Expediente núm. O-10/17, de acordo co programa de axudas para a renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do IDAE, e conforme ao seguinte cadro de características:
1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo
2.- Obxecto do contrato: PROXECTO DE OBRAS DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR DO CONCELLO DE TEO
3.- Expediente: O-10/17
4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.
5.- Orzamento: 2.672.979,47 € máis 561.325,69€ de IVE (3.234.305,16 €)
6.- Valor estimado do contrato: 2.672.979,47€
7.- Clasificación: Grupo I subgrupo 1 categoría 4
Grupo I subgrupo 6 categoría 4
8.- Garantía provisional: 3% do presuposto base de licitación, IVE excluído
9.- Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
10.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €
11.- Prazo de execución: 7 meses/210 días
12.- Información: o prego de cláusulas deste contrato estará a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)
13.- Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia.
Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401
Teo, 11 de outubro de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no DOG nº 198 e no no BOP nº 198 de data 18 de outubro de 2017, e no Perfil de Contratante o mesmo día.
Attachment | Size |
---|---|
Prego de cláusulas administrativas.pdf | 2.34 MB |
Proyecto TEO_Completo_Visado.pdf | 44.9 MB |
Memoria de melloras complementarias.pdf | 3.65 MB |
Pliego de cláusulas administrativas castellano.pdf | 2.63 MB |
Aclaracións.pdf | 326.3 KB |