BAREMACIÓN DE MÉRITOS
Publícase a Baremación de méritos e resultado final de contratación laboral de alumnado do obradoiro de emprego EmprégateAPP.
Publicado en teo.gal o 03/08/2021
PUNTUACIÓNS ENTREVISTAS
Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.
LISTAS DEFINITIVAS
- Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas de 16 persoas como alumnas-traballadoras do Obradoiro de emprego EmprégateAPP. Convócase ás persoas candidatas e ao tribunal para o mércores día 28 de xullo ás 09:00 horas da mañá na Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) co obxecto de proceder á realización da entrevista. Lémbrase que as persoas candidatas deben vir provistas do documento de identidade.
Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021
Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas.
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:
- Dezaseis (16) alumnos/as-traballadores/as inscritos/as no ficheiro nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo VI)
Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:
- Concello de Boqueixón: 4 alumnos/as
- Concello de Teo: 8 alumnos/as
- oConcello de Vedra: 4 alumnos/as
O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.
Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.